17 nov 2018

4 nov 2018

50 ANIVERSARIO

Xa queda pouco para o gran día pero para ir abrindo boca comezamos polo entrañable encontro entre a primeira promoción de EXB do colexio e o seu profesorado.  RATICONTO COA PRIMEIRA PROMOCIÓN EXB Habilitado o espazo da entrada do centro, un espazo para o recordo e tamén para as adicatorias. UN ESPAZO PARA O RECORDO    De alumna a alcadesa 50 ANIVERSARIO VISITA ALCALDESA

13 oct 2018

CARNÉS DE 2º, VISITAS GUIADAS E COLABORADORES E COLABORADORAS

Un novo curso e aquí estamos unha vez máis. As e os nenas e nenos de segundo todas e todos contentas e contentos cos nosos carnés que nos permitirán a partires de agora gozar do autoempréstito na biblioteca. As visitas guiadas que nos permiten recordar como funciona a nosa biblio e as normas que hemos cumprir nela. E, como non, as e os nosas e nosos colaboradoras e colaboradores que, altruistamente, nos ceden parte do seu tempo para botarnos unha man. Un labor encomiable, grazas chicas e chicos pola vosa axuda desinteresada!!! IMG-20181002-WA0002 IMG-20180926-WA0000 IMG-20180927-WA0001 IMG-20180927-WA0000 IMG-20180925-WA0001 IMG_2495

7 jun 2018

Ratinovas Press nº 2

Xa podedes ver o segundo número da nosa fantástica revista. Hai moito que ler. Esperamos que a disfrutedes tanto coma nós elaborándoa.

16 may 2018

1º Programa de Radio: Especial Letras Galegas

1º Programa de radio do alumnado do Ceip Coirón Dena con diversas seccións (entrevistas, humor, música, deportes...). O equipo de redacción preparou con moito agarimo este programa especial no que se tratan contidos relacionados coas nosas letras e a nosa lingua. Para escoitalo só debedes premer na frechiña do reprodutor:

28 feb 2018

OS SOÑOS NA GAIOLA

Neste ano cúmprese o 50 aniversario da publicación do poemario do ilustre escritor Manuel María, "Os soños na gaiola",a nosa homenaxe recreando a súa creación e entonando un sentido "Parabéns para ti"...


20 feb 2018

Rosalía de Castro

Unha pequena biografía a algúns dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro acompañados de boa música, un goce para a alma...

16 feb 2018

Ratinovas Press nº1

Xa está aquí, xa chegou, mirade e alucinade coa nosa nova revista, Raticonto non a quere soltar e ata que non a remate e a mire e remire non a deixará!! Estes nenos e nenas de Dena non deixan de sorprendernos, sodes incribles!!