20 jun 2013

Raticonto invita a Pepe Carreiro

O pasado 11 de xuño tivemos a sorte de compartir a mañá con Pepe Carreiro, unha persoa moi cercana e amena, creador de Os Bolechas (eses personaxes tan entrañables para todos nós).
         Contounos algunha cousiña da súa vida, como que dende pequeno debuxaba o que vía no bar dos seus pais, e que –por sorte para todos os nenos e nenas - con 20 anos empezou a traballar como profesional do debuxo.
         Explicounos cómo debuxa os seus personaxes, a importancia da perspectiva (de frente, de perfil, de costas), e que as proporcións dos mesmos dependen do que prefira cada debuxante (1 cabeza, 7 cabezas). 
         E unha curiosidade: fixástesvos algunha vez que o embigo de Os Bolechas ten a forma do número 6?
         Esperamos que os rap cos que o agasallamos lle gustaran tanto como ao noso alumnado facelos (soan de fondo durante o video!).
         Pois ben, co video veredes o ben que nolo fixo pasar. Deixounos  unha bonita adicatoria e posou con nós para as fotos. Mirade ben!


No hay comentarios:

Publicar un comentario