10 oct. 2017

LECTORES E LECTORAS DE PATIO 2017-2018

Os/as nenos/as de 5º que neste curso lles van ler contos aos/ás compañeiros/-as de 1º e 2º. Grazas chicos e chicas pola vosa colaboración!!! Boas lecturas!!!

Lema para este curso

O lema de Bibliotecas Escolares para este curso é "Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar". Aí o tedes na entrada da nosa biblio.

29 sept. 2017

CARNÉS DA BIBLIOTECA PARA OS NENOS E NENAS DE 2º

Esta semana fixóselle entrega aos nenos e nenas de 2º dos seus carnés da Biblioteca. A partires do vindeiro luns os e as que queiran xa poderán levar para a casa libros do autoempréstito do espazo lector. Aquí os e as tedes, felices coas súas identificacións.