28 oct 2016

PINTAMOS O NOSO MEDO DE CORES...

Rati coouse no túnel do medo... unhas pantasmas que andaban pola biblio acabaron coreadiñas e pintou o noso medo de cores...E que esta nosa mascota éche unha caixa de sorpresas!!!

25 oct 2016

Concurso "O Outono na pintura"

Como sabedes este ano o lema de traballo para as bibliotecas escolares é "Territorio das artes". Iremos traballando dende a biblioteca coas diferentes artes ao longo do curso. Neste intre temos en marcha o concurso "O outono na pintura" consistente en que os nenos e nenas do colexio que queiran adiviñen o autor e o título destes cadros.
Para participar deberán cubrir unha ficha cos datos dos cadros e depositala no buzón antes do día 7 de novembro. O resultado do concurso saberase durante a celebración do magosto. Para facilitarvos o traballo de investigación sobre os cadros deixámosvos aquí as fotos do concurso:

Sorte a tódolos participantes!!

18 oct 2016

"NÓS TAMÉN ESCRIBIMOS"

Onte celebrouse o Día das Mulleres Escritoras. A iniciativa xurdiu da Biblioteca Nacional para compensar a discriminación histórica das mulleres na literatura.As nenas do noso centro retratáronse neste día tan sinalado baixo o lema "Nós tamén escribimos". Velaquí o noso futuro en chave feminina.

5 oct 2016

Lemos!!!

Desde este luns xa baixamos cos nosos e as nosas titores e titoras,na quenda establecida, a gozar do espazo lector.

Comezou o préstamo...

Con algún que outro atranco... non nos vai o autoempréstito...comezamos o préstamo...esperamos que a solución chegue pronto...non damos feito!!!

Raticonto e os carnés

Hoxe, a nosa mascota, acercouse ás aulas de 2º para facer entrega, aos novos usuarios e usuarias do préstamo da Biblio, dos carnés...ledicia!!!

12 sept 2016

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2016-2017!!!

Xa estamos de volta!!! Despois deste tempo de lecer xa comeza o cole. Espero que recargarades ben as pilas porque este curso traio un monte de ideas...e, como sempre, heivos pedir axuda para que as poidamos facer realidade. Benvidas e benvidos, pronto saberedes de min así que ... Estade ben atentos e atentas!!!

23 jun 2016

27 may 2016

EVA MEJUTO NA NOSA BIBLIO!!!

Despois da festa houbo tempo para pasares pola biblio e firmar os nosos exemplares....Rati sempre disposto a acompañar e botar unha man!!!

20 may 2016

13 may 2016

Manuel María estivo aquí...

Aló polo ano 1998, exactamente un 13 de marzo, este centro contou cunha visita moi especial. Tivemos a sorte de que Manuel María, o autor ao que lle adica o Día das nosas letras neste 2016, nos regalase a súa presenza. 28 anos máis tarde sacamos da vitrina dos visitantes ilustres os libros nos que daquela deixou a súa impronta en forma dunhas fermosas adicatorias e levámolos polas clases para que os nenos e nenas puideran gozar deste grande tesouro co que contamos. "Terra Cha", "As rúas do vento ceibe" e "Poemas da labarada estremecida".

MILO E RATI!!!

Hoxe foi o día da homenaxe a Milo, o grande protagonista do vídeo do Olloboi deste curso. Rati, como non, quería estar presente na entrega dun pequeno agasallo a este bo amigo e así posaron xuntos para nós e fixeron as delicias de peques e non tan peques...Grazas Milo!!!

22 abr 2016

OS LIBROS SON PARA VALENTES!!!

O SENTIR DE PEDRO FEIJOO NOS BEIZOS DO NOSO ALUMNADO
 Chega un díptico ás mans dunha mestra. Ábreo. Comeza a lelo. Séntese atrapada. Gústalle moito. Sorrí. Ao día seguinte plantexa no seu cole a proposta. Todo o mundo se anima. Escóllense dous alumnos de cada curso… Cámara e acción!!!!!

10 abr 2016

ÉRICA ESMORÍS

O pasado venres recibimos a esperadísima visita de Érica Esmorís, escritora dentroutros, "Nena e o mar", que tivemos o pracer de leres en 5º e 6º neste curso. Érica, flamante gañadora do Premio Merlín 2015, amosounos a unha autora cercana e disposta a contarnos desde o nome do seu gato, Pepe, pasando por de onde procedían os nomes dos personaxes do seu libro(todos palíndromos agás o da protagonista) ata como era o seu proceso creativo. "Nena e o mar", un libro con banda sonora, unha preciosa canción creada pola parella da escritora, un libro que endexamais esqueceremos, polo seu contido e polo encanto da súa artífice... Grazas, Érica!!!

6 mar 2016

COMEZAN AS LECTURAS DE PATIO

Os alumnos e alumnas de 6º estrearon este curso as "Lecturas de patio" . Os venres, na "hora de ler", pasaron polas aulas de 1º e 2º para contar aos máis peques uns títulos especialmente pensados para eles e elas.

24 feb 2016

ROSALÍA PARA O MUNDO!!!

O noso ratiño, hoxe, celebrou o día de Rosalía de Castro traballando moito de carteiro levando as vosas bonitas postais aos lugares e ás persoas que vós decidistes. Coma sempre, moitas grazas pola vosa colaboración, sodes un tesouro!!!

8 feb 2016

Neste desfile animal, Raticonto non podía faltar!!!

Vestido de dálmata, coma os máis pequechos a disfrutar do desfile saíu... Que feituco, que marchoso... este ratiño saleroso!!!

Comandas de Rati

Este noso ratiño como éche moi apañadiño pensou nunhas comandas para animar no entroido ás meniñas e aos meniños!!!