19 dic. 2015

Raticonto no festival de Nadal

Grande primicia!!! Raticonto debuta cos alumnos e alumnas de 2º no teatro musical "Coliflor con bacallau" e despois, xa como espectador, disfruta do festival de Nadal e posa cos Reis Magos e os seus paxes..que lle pediría...seguro que un monte de libros para a biblio!!!

15 dic. 2015

EXPLORA O NADAL CO TEU ANIMAL

Grazas nenos e nenas pola vosa colaboración na decoración da árbore sorpresa de Nadal para Rati...esas bonitas mascotas... cans de pallerio, canarios, tartarugas, gatiños e gatiñas, cabalos...todos e todas tiveron un oco no voso maxín...que contento marchou o noso ratiño de exploración ao Ártico!!!...Mandounos unhas fotos polo WhatsApp para que miredes como lle vai por alí...pero pronto voltará...o venres estará con todos e todas vós para celebrares o fin deste trimestre e a chegada das vacacións de Nadal.

12 dic. 2015

PLANETARIO

O pasado mércores ao longo de todo o día o alumnado do centro tivo a ocasión de asistir á actividade do Planetario que, instalado no ximnasio, ofreceu unha sesión a cada un dos grupos de nenos e nenas co obxectivo de acercalos ao mundo da cosmofísica. Miraron Nubes, a rotación da Terra, a gravidade, o home astronauta,o ceo(estrelas constelacións e planetas), a orixe da vida, as fases da Lúa, os cambios de latitude, do micro ao macro universo...contidos adaptados ás idades dos rapaces e rapazas. Raticonto anunciou a actividade cun bonito cartel.