28 oct. 2014

Rodeados de mates...

O pasado xoves, día 24, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. Como xa comentaramos, neste curso o lema era "Biliotecas escolares...matemático!" As seguintes imaxes mostran como quedou de chulo o mural,presidido por un Raticonto matemático, como non podía ser doutro xeito, que fixemos coas fotografías que trouxestes das vosas casas rodeados de realidades matemáticas. Desde aquí o noso agradecemento ás familias pola inestimable axuda para levar a cabo esta actividade da que tanto disfrutaron os cativos e cativas.

20 oct. 2014

Biblioteca...matemática.

Ola nenos e nenas!
 Sabedes que esta semana se celebra o Día das Bibliotecas escolares?
 Pois ben, para celebralo por todo o alto estamos a elaborar o mural coas vosas fotografías rodeados de realidades matemáticas e coa compaña de Raticonto ataviado para a ocasión...e, na Biblio, podedes atopar libros que teñen títulos ou contidos relacionados coas matemáticas... animámosvos a que busquedes outros e os coloquedes na estantería que habilitamos a tal fin...xogades?