16 may. 2014

LETRAS GALEGAS 2014

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. CUN POUCO DE ANTELACIÓN, XA SABEDES QUE É MAÑÁ E COMO NON HAI COLEXIO...DESDE A BIBLIOTECA QUEREMOS AGRADECER A VOSA COLABORACIÓN NA ELABORACIÓN DO MURAL QUE, PARA CONMEMORAR ESTE DÍA TAN IMPORTANTE PARA NÓS, SE REALIZOU NO CORREDOR DE ACCESO AO ESPAZO LECTOR. AÍ TEDES A ALGÚNS DOS VOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS PEGANDO OU ESCRIBINDO AS PALABRAS DA NOSA LINGUA NO MAPA DE GALICIA. GRAAAZAS A TODOS E A TODAS!!!

LECTURAS DE PATIO,UNHA NOVA UBICACIÓN

HOXE TOCOULLES LECTURA DE PATIO AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 2ºCUNHA NOVIDADE, O LUGAR ONDE SE LEVOU A CABO A ACTIVIDADE. HAI UN RINCÓN BEN BONITO NO NOSO CENTRO QUE AO MELLOR MOITOS DE VÓS NON COÑECEDES, ESTÁ XUSTIÑO AO LADO DA BIBLIOTECA, ALÍ HAI CÉSPEDE, UNHA FONTE, BANCOS, ÁRBORES...UN SITIO IDEAL PARA DISFRUTAR DA LECTURA EN CALQUERA MOMENTO, ASÍ QUE, DESDE AGORA, TODOS OS QUE VEÑADES A DISFRUTAR DO ESPAZO LECTOR E, SEMPRE QUE O TEMPO ACOMPAÑE, COMA HOXE, PODERÁN SAÍR A LERES COMO FIXERON OS NENOS E AS NENAS QUE VEDES NAS FOTOGRAFÍAS...XA VEREDES COMO MOLA!



14 may. 2014

LECTURAS DE PATIO

OLA! O VENRES PASADO FIXEMOS A EXPERIENCIA PILOTO DAS "LECTURAS DE PATIO", UNA NOVA ACTIVIDADE PROGRAMADA DESDE A BIBLIOTECA. OS NENOS E NENAS DO 5º CURSO DE PRIMARIA LENLLE AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DO PRIMEIRO CICLO UN RATIÑO, NA SESIÓN DO RECREO. ASÍ QUE A PARTIRES DE AGORA, APROVEITANDO O BO TEMPO, VEREDES COMO O PATIO ADEMAIS DE CON CORDAS, BALÓNS, RAQUETAS E DEMAIS TAMÉN SE ENCHERÁ DE LIBROS.

 

10 may. 2014

VENRES DE MOCHILAS QUE VAN E VEÑEN EN EDUCACIÓN INFANTIL

UN VENRES DE TANTOS NO COLEXIO. AÍ MARCHAN OS MÁIS PEQUES PARA AS SÚAS CASAS COAS SÚAS MOCHILAS CARGADIÑAS DE AVENTURAS QUE HAN LER E COMPARTIR COA FAMILIA DURANTE A FIN DE SEMANA.