24 feb. 2014

24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro.

Hoxe, na Biblioteca Raticonto, celebramos o Día de Rosalía de Castro. Aínda estamos a preparar máis actividades. De momento este vídeo amósavos algo do que fixemos neste día tan sinalado.

20 feb. 2014

DROMEDARIO NA BLIBIOTECA

Xa sabemos que pasou moito tempo desde a celebración do Nadal. Pero é que se nos esquecera mostrarvos as fotografías que a profe Lorena lle fixo aos peques de Infantil, nunha das súas moitas visitas á Biblioteca de Raticonto,disfrutando do dromedario cargado de agasallos que andaba e que aínda anda polo espazo lector. Aí os e as tedes. Ratibicos para todos e todas!!!

6 feb. 2014

Raticonto celebra o Día da Paz

O pasado día 30 de xaneiro celebramos o Día Internacional da Paz.O noso amigo Raticonto quixo celebralo con todos vós e así o fixo...