28 oct. 2014

Rodeados de mates...

O pasado xoves, día 24, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. Como xa comentaramos, neste curso o lema era "Biliotecas escolares...matemático!" As seguintes imaxes mostran como quedou de chulo o mural,presidido por un Raticonto matemático, como non podía ser doutro xeito, que fixemos coas fotografías que trouxestes das vosas casas rodeados de realidades matemáticas. Desde aquí o noso agradecemento ás familias pola inestimable axuda para levar a cabo esta actividade da que tanto disfrutaron os cativos e cativas.

20 oct. 2014

Biblioteca...matemática.

Ola nenos e nenas!
 Sabedes que esta semana se celebra o Día das Bibliotecas escolares?
 Pois ben, para celebralo por todo o alto estamos a elaborar o mural coas vosas fotografías rodeados de realidades matemáticas e coa compaña de Raticonto ataviado para a ocasión...e, na Biblio, podedes atopar libros que teñen títulos ou contidos relacionados coas matemáticas... animámosvos a que busquedes outros e os coloquedes na estantería que habilitamos a tal fin...xogades?



11 sept. 2014

BENVIDA DE RATICONTO CURSO 2014-2015

Ola, nenos e nenas!!! Xa estou aquí. Un curso novo. Unhas fotiños para que recordedes como vos recibín. Este ano vai ser "matemático" .Ratibicos para todos e todas e... Benvidos e benvidas!!!


30 jun. 2014

28 jun. 2014

FINA CASALDERREY FIRMA AOS NENOS E NENAS DO COLEXIO OS LIBROS TRABALLADOS AO LONGO DO CURSO.

FINA FIRMOU AOS NENOS E NENAS OS EXEMPLARES DAS SÚAS OBRAS QUE SE TRABALLARAN AO LONGO DO CURSO...QUE DEDICATORIAS TAN BONITAS!...TODOS E TODAS, MESTRES E MESTRAS INCLUÍDOS MARCHARON FELICES COS SEUS LIBROS FIRMADOS.

26 jun. 2014

MÁIS FINA...

XA TEDES VISTO FOTOS DE DA VISITA DE FINA CASALDERREY.POIS BEN...ESTAS SON DESDE OUTRA "PERSPECTIVA"...A VER SE VOS ATOPADES...
 

23 jun. 2014

LECTORES OLÍMPICOS E BRAIS

IMAXES DO VENRES, 20. FESTA DE FIN DE CURSO, AGASALLO PARA O CREADOR DA MASCOTA DA BIBLIOTECA, RATICONTO E ENTREGA DE PREMIOS AOS LECTORES E LECTORAS OLÍMPICOS QUE RECIBIRON UN REGALO ESPECIAL POR OCUPAR O PRIMEIRO LUGAR NA CLASIFICACIÓN DE "AVENTUREIROS DOS LIBROS". PARABÉNS PARA TODOS E TODAS!!!

VISITA DE FINA CASALDERREY

INSTANTÁNEAS DA VISITA DE FINA CASALDERREY...QUE SORTE TER DISFRUTADO DESES MOMENTOS...

TRÍPTICO COAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN 2014

XA CHEGARON AS VACACIÓNS...TEMPO DE LECER E TEMPO DE LER...PARA QUE TEÑADES ONDE ELIXIR...AS RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN DESDE A BIBLIOTECA RATICONTO...PASÁDEO BEN!!!

20 jun. 2014

BOAS VACACIÓNS!!!

RATICONTO, A MASCOTA DA BIBLIOTECA , ATAVIADO PARA A OCASIÓN, DESÉXALLES AOS NENOS E NENAS DO COLEXIO UNHAS BOAS VACACIÓNS!!!


RAP "O MISTERIO DE FINA"

O PASADO LUNS, 16 DE XUÑO, OS NENOS E NENAS DE PRIMARIA DO COLEXIO TIVERON UNHA VISITA MOI ESPECIAL... A ESCRITORA E MEMBRO DA REAL ACADEMIA GALEGA, FINA CASALDERREY, ESTIVO COMPARTINDO UNHAS FANTÁSTICAS HORAS CON ELES...HOUBO TEMPO PARA TODO , CHARLA, PREGUNTAS E FIRMAS DE LIBROS...OS RAPACES E RAPAZAS DE 6º OBSEQUIÁRONNA CO SEGUINTE RAP, PERTENCENTE Á ACTIVIDADE DO CENTRO CHAMADA "RAPEO EN GALEGO", TITULADO " O MISTERIO DE FINA" QUE TEN COMO FÍO CONDUCTOR UNHA SERIE DE TÍTULOS E PERSONAXES DA AUTORA...RESOLVERASE O MISTERIO???

11 jun. 2014

Gato vermello gato azul

Nesta ocasión, os nenos do C.E.I.P. Coirón-Dena contan a historia de dous gatos que se levaban fatal, e iso só porque cada un deles quería ser coma o outro. Ao final do conto poderedes desfrutar coa canción que fixemos inspirados nesta bonita historia.

10 jun. 2014

AS FÁBULAS FABULOSAS DE 3º A

OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 3º A RELATAN FÁBULAS FABULOSAS PARA TODOS VÓS...ABRIDE BEN AS ORELLAS, ESCOITADE E APRENDEDE...

6 jun. 2014

APADRIÑAMENTO

IMAXES SOBRE A ACTIVIDADE DO APADRIÑAMENTO. AQUÍ TEDES AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DO TERCEIRO CICLO REPRESENTANDO PARA OS MÁIS PEQUENOS OS CONTOS QUE ELIXIRON. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!!!

16 may. 2014

LETRAS GALEGAS 2014

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. CUN POUCO DE ANTELACIÓN, XA SABEDES QUE É MAÑÁ E COMO NON HAI COLEXIO...DESDE A BIBLIOTECA QUEREMOS AGRADECER A VOSA COLABORACIÓN NA ELABORACIÓN DO MURAL QUE, PARA CONMEMORAR ESTE DÍA TAN IMPORTANTE PARA NÓS, SE REALIZOU NO CORREDOR DE ACCESO AO ESPAZO LECTOR. AÍ TEDES A ALGÚNS DOS VOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS PEGANDO OU ESCRIBINDO AS PALABRAS DA NOSA LINGUA NO MAPA DE GALICIA. GRAAAZAS A TODOS E A TODAS!!!

LECTURAS DE PATIO,UNHA NOVA UBICACIÓN

HOXE TOCOULLES LECTURA DE PATIO AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 2ºCUNHA NOVIDADE, O LUGAR ONDE SE LEVOU A CABO A ACTIVIDADE. HAI UN RINCÓN BEN BONITO NO NOSO CENTRO QUE AO MELLOR MOITOS DE VÓS NON COÑECEDES, ESTÁ XUSTIÑO AO LADO DA BIBLIOTECA, ALÍ HAI CÉSPEDE, UNHA FONTE, BANCOS, ÁRBORES...UN SITIO IDEAL PARA DISFRUTAR DA LECTURA EN CALQUERA MOMENTO, ASÍ QUE, DESDE AGORA, TODOS OS QUE VEÑADES A DISFRUTAR DO ESPAZO LECTOR E, SEMPRE QUE O TEMPO ACOMPAÑE, COMA HOXE, PODERÁN SAÍR A LERES COMO FIXERON OS NENOS E AS NENAS QUE VEDES NAS FOTOGRAFÍAS...XA VEREDES COMO MOLA!



14 may. 2014

LECTURAS DE PATIO

OLA! O VENRES PASADO FIXEMOS A EXPERIENCIA PILOTO DAS "LECTURAS DE PATIO", UNA NOVA ACTIVIDADE PROGRAMADA DESDE A BIBLIOTECA. OS NENOS E NENAS DO 5º CURSO DE PRIMARIA LENLLE AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DO PRIMEIRO CICLO UN RATIÑO, NA SESIÓN DO RECREO. ASÍ QUE A PARTIRES DE AGORA, APROVEITANDO O BO TEMPO, VEREDES COMO O PATIO ADEMAIS DE CON CORDAS, BALÓNS, RAQUETAS E DEMAIS TAMÉN SE ENCHERÁ DE LIBROS.

 

10 may. 2014

VENRES DE MOCHILAS QUE VAN E VEÑEN EN EDUCACIÓN INFANTIL

UN VENRES DE TANTOS NO COLEXIO. AÍ MARCHAN OS MÁIS PEQUES PARA AS SÚAS CASAS COAS SÚAS MOCHILAS CARGADIÑAS DE AVENTURAS QUE HAN LER E COMPARTIR COA FAMILIA DURANTE A FIN DE SEMANA.



24 abr. 2014

A ÁRBORE DAS PALABRAS BONITAS.

COMO XA SABEDES, ONTE, 23 DE ABRIL CELEBROUSE O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO. CON TAL MOTIVO NO ESPAZO LECTOR FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE ADICADA A QUE TODOS E TODAS PARTICIPARADES DESA DATA TAN IMPORTANTE COA ELABORACIÓN DA "ÁRBORE DAS PALABRAS BONITAS". AS FOTOS QUE VEREDES A CONTINUACIÓN SON A PLASMACIÓN DO VOSO TRABALLO. XA SABEMOS QUE NON ESTADES TODOS E TODAS, PERDOADE PERO É QUE SODES MOITOS E NON DEU TEMPO A FACER MÁIS INSTANTÁNEAS. O EQUIPO DA BIBLIOTECA E O RATICONTO QUEREN MANIFESTARVOS O SEU AGRADECEMENTO POLA VOSA COLABORACIÓN E DICIRVOS QUE SOMOS AFORTUNADOS DE CONTAR CUN ALUMNADO SEMPRE DISPOSTO A BOTAR UNHA MAN NAS TAREFAS QUE SE LLE ENCOMENDAN. PARAFRASEANDO A RATICONTO "GRAZAS, GRACIAS, THANKS".


2 abr. 2014

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

A MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA CELEBROU CON TODOS O NENOS E NENAS DO COLEXIO ESTE DÍA. OS GLOBOS DE COR AZUL DECORARON OS NOSOS ESPAZOS E OS NOSOS CORAZÓNS.

18 mar. 2014

RECITANDO A ROSALÍA

Os alumnos e alumnas de Primaria recitan algún dos poemas máis coñecidos da ilustre escritora Rosalía de Castro.

24 feb. 2014

24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro.

Hoxe, na Biblioteca Raticonto, celebramos o Día de Rosalía de Castro. Aínda estamos a preparar máis actividades. De momento este vídeo amósavos algo do que fixemos neste día tan sinalado.

20 feb. 2014

DROMEDARIO NA BLIBIOTECA

Xa sabemos que pasou moito tempo desde a celebración do Nadal. Pero é que se nos esquecera mostrarvos as fotografías que a profe Lorena lle fixo aos peques de Infantil, nunha das súas moitas visitas á Biblioteca de Raticonto,disfrutando do dromedario cargado de agasallos que andaba e que aínda anda polo espazo lector. Aí os e as tedes. Ratibicos para todos e todas!!!

6 feb. 2014

Raticonto celebra o Día da Paz

O pasado día 30 de xaneiro celebramos o Día Internacional da Paz.O noso amigo Raticonto quixo celebralo con todos vós e así o fixo...