30 may. 2013

17 de Maio, Día das LETRAS GALEGAS 2013. Roberto Vidal Bolaño.

     Este ano preparamos unha exposición na entrada da Biblioteca chamada “O Pazo das Letras”. En colaboración co Equipo de Extraescolares argallamos para poñerlle un tellado e un escudo ao Castelo de Raticonto e así convertilo en Pazo. Todo Pazo que se precie ten o seu escudo!. 



Unha vez rematado, colocamos material sobre distintos autores galegos: Fina Casalderrey (como Membro da RAG), Pepe Carreiro (ilustrador ben querido polo alumnado), Rosalía de Castro (polo 150º Aniversario da publicación de Cantares Gallegos) e, como non, Roberto Vidal Bolaño, autor, actor, escenógrafo, director, guionista de cine e teatro homenaxeado  neste 2013.  Todos eles xunto a algunhas das súas obras e, no caso de Roberto Vidal B. tamén dous exemplos da súa participación en cine galego como Sempre Xonxa e Mareas Vivas.
Raticonto acompañounos dende o escenario nesta celebración co seu marcapáxinas de Roberto Vidal Bolaño como podedes ver na foto.
Gústavos como quedou? 


23 de abril, Día do libro



Neste día repartimos marcapáxinas a todo o alumnado do centro.
Entre o 23 e 30 de abril celebramos o Día do Libro coa actividade: 
              O meu libro preferido é…”. 
O alumnado tiña que traer da casa un libro dos que lera e lle gustara, facer unha posta en común na clase na que cada un lle explicara aos compañeiros e compañeiras porqué lle gustou ese libro e expoñer temporalmente nun recanto da aula eses libros que trouxeron.
         Algún grupo optou por ilustrar nun mural as portadas dos seus libros favoritos.
Tamén decidimos celebrar o 3º Aniversario da nosa querida mascota Raticonto cun mural cheo de dedicatorias feitas polo alumnado e profesorado. O resultado final o poderedes ver próximamente no noso blogue. FELICIDADES RATICONTO!
Grazas pola vosa colaboración!
Nas fotos seguintes amósanse algúns deses momentos.