22 abr. 2013

2 de abril. Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo


O pasado 2 de abril sumámonos á celebración deste día cun pequeno pero importante xesto de concienciación no noso alumnado, decorando deste xeito a porta de acceso á nosa Biblioteca.
            Todos e todas deberiamos amosar empatía, comprensión, cariño e respeto por estas persoas, fomentando e facilitando a súa inclusión na sociedade. 

Espérote aquí. Non me esquezas

No centro  temos dúas estanterías coma esta: unha para uso de 1º,2º,3º e 4º curso de Ed. Primaria,  e outra para 5º e 6º curso de Ed. Primaria. Están ubicadas na planta baixa nos accesos aos corredores destes cursos. O “lema” está expresado tamén con pictogramas.  
A función das estanterías é que o alumnado que durante o recreo leve un libro en préstamo, o poida deixar nestas estanterías e saír directamente ao patio sen necesidade de entrar de novo na aula. Unha vez rematado o recreo, ó volver á aula pasaría por diante da estantería e o recollería.



Reciclando con Raticonto


Como Sabedes, o noso centro participa no programa “Recíclate con Sogama”, así que na entrada da nosa biblioteca temos un punto de recollida de Plásticos e Papel e cartón indicados cos correspondentes pictogramas.

            Grazas por colaborar con nós e separar os residuos correctamente!


Celebramos o 150º Aniversario da publicación de “Cantares Gallegos”, de Rosalía de Castro


Aquí tedes as imaxes do resultado  de traballar nas  titorías  algúns dos poemas recollidos en “Cantares Gallegos” (“Adiós ríos, Adiós fontes…”, “Vente rapasa”, “Campanas de Bastabales”, “Un repoludo gaiteiro”, “Meniña ti a mais hermosa”…). A proposta fixémola de xeito conxunto o Equipo de Normalización  Lingüística e o de Biblioteca. 
O poema que cada curso, grupo ou ciclo  elexiu quedou reflexado nun cartel ilustrado tamaño A3, que serviu para formar este gran mural. Xunto a el, veredes á nosa mascota Raticonto entretido lendo sobre a nosa universal autora. A actividade foi moi interesante para o alumnado e o resultado moi colorido.
Parabéns a todos e todas!