23 feb. 2013

Parabéns a Fina Casalderrey

Co motivo do recente nomeamento da escritora galega de L.I.X. (Literatura Infantil e Xuvenil) Fina Casalderrey como Membro Numerario da Real Academia Galega, o Ceip Coirón-Dena quere sumarse á felicitación dende as Bibliotecas Escolares por dito nomeamento. O seu labor polo fomento e uso da Lingua Galega merece o recoñecemento de todos e todas nós. Seguiremos a crear pequenos lectores e pequenas lectoras cos teus textos. Parabéns, Fina!

 

7 feb. 2013

"Ratiantroido"

En colaboración co Equipo de Estraescolares, un ano máis Raticonto indícanos o que temos que traer cada día na semana do Antroido. Este ano disfrazarémonos de CHOQUEIROS, para aproveitar roupa vella e/ou pasada de moda e axustándonos ao tema deste ano do PDI "Coidamos o noso entorno"

A que está favorecida a nosa mascota! Feliz Antroido 2013 a todos/as!

Nota: As imaxes da festa estarán colgadas no Ceip Coirón en Imaxes