5 ene 2013

Tríptico do 1º Trimestre

O noso Tríptico do 1º trimestre contén:
Un resumo de actividades realizadas polo Equipo de Biblioteca, unha serie de lecturas recomendadas por ciclos para amenizar o tempo de lecer do noso alumnado e a colorida Postal de Raticonto felicitando as festas.
Temos unha mascota que pensa en todo e en tod@s!
 BO NADAL!



Nadal na Biblioteca Raticonto

E para rematar o trimestre, Raticonto quixo compartir co alumnado e profesorado do noso  centro esta decoración, tan acorde coas datas que celebraremos nos vindeiros días. Aproveitamos a ocasión, o Equipo de Biblioteca e Raticonto,  para desexarvos a tod@s unhas moi doces "Ratifestas" e un Próspero Ani  Novo 2013!
Vémonos á volta!
Ratibicos