20 dic. 2012

Un Samaín de medo na Biblioteca Raticonto

Así resultou a actividade que se convocou para o Día das Bibliotecas Escolares. Aproveitando a proximidade do Samaín, ambientamos a nosa Biblioteca Raticonto con decoración e contos relacionados co tema. No seguinte video podedes ver un resumo da xornada. Esperamos que vos guste, conectade o son dos altofalantes, o audio é...de meeeedooo!. Foi un día estupendo! Grazas pola vosa colaboración

16 dic. 2012

Raticonto tamén participou no Magosto!

Como o día que celebramos o Magosto facía aire, optamos por ubicar a Raticonto nun lugar do que non puidera caer. 
Pasouno xenial! 
Xa está pensando na próxima celebración

Convocatoria "Día das Bibliotecas Escolares"

A nosa convocatoria para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, o pasado 24 de Outubro foi un éxito de participación, e serviu de motivación ao noso alumnado para vir con máis frecuencia á Biblioteca Raticonto, tanto a ler como para elexir un libro e levalo en préstamo.

 Grazas a tod@s! Non perdades os bos costumes."


Convocatoria día das bibliotecas escolares

A "Ratienquisa"

Esta é a breve Ratienquisa que lle fixemos ao noso alumnado con motivo do Día das Bibliotecas Escolares, para coñecer a súa opinión sobre a Biblioteca e axudarnos a mellorala.

 Grazas a tod@s por participar!


Ratienquisa

Raticonto sabe cantos libros liches este curso...

Lembrade traer con vós cada vez que devolvades un libro esta plantilla. Só así vos poderán poñer un gomet na casiña correspondente. Cantos máis libros leades, mellor, pero tende en conta que unha boa lectura é aquela na que comprendemos o que lemos. Ler de corrido non ten sentido. Descubride o pracer de ler, cada libro é unha viaxe ao descoñecido e un gran amigo. Esperámoste na Biblioteca Raticonto!"
Plantilla: lecturas de cada alumno

Clasificación dos fondos documentais na nosa biblioteca

Esta é a actualización da clasificación e distribución dos fondos documentais dos que dispoñemos na nosa Biblioteca Raticonto. Mirade que sinxelo!" Clasificación dos fondos documentais