20 dic. 2012

Un Samaín de medo na Biblioteca Raticonto

Así resultou a actividade que se convocou para o Día das Bibliotecas Escolares. Aproveitando a proximidade do Samaín, ambientamos a nosa Biblioteca Raticonto con decoración e contos relacionados co tema. No seguinte video podedes ver un resumo da xornada. Esperamos que vos guste, conectade o son dos altofalantes, o audio é...de meeeedooo!. Foi un día estupendo! Grazas pola vosa colaboración

16 dic. 2012

Raticonto tamén participou no Magosto!

Como o día que celebramos o Magosto facía aire, optamos por ubicar a Raticonto nun lugar do que non puidera caer. 
Pasouno xenial! 
Xa está pensando na próxima celebración

Convocatoria "Día das Bibliotecas Escolares"

A nosa convocatoria para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, o pasado 24 de Outubro foi un éxito de participación, e serviu de motivación ao noso alumnado para vir con máis frecuencia á Biblioteca Raticonto, tanto a ler como para elexir un libro e levalo en préstamo.

 Grazas a tod@s! Non perdades os bos costumes."


Convocatoria día das bibliotecas escolares

A "Ratienquisa"

Esta é a breve Ratienquisa que lle fixemos ao noso alumnado con motivo do Día das Bibliotecas Escolares, para coñecer a súa opinión sobre a Biblioteca e axudarnos a mellorala.

 Grazas a tod@s por participar!


Ratienquisa

Raticonto sabe cantos libros liches este curso...

Lembrade traer con vós cada vez que devolvades un libro esta plantilla. Só así vos poderán poñer un gomet na casiña correspondente. Cantos máis libros leades, mellor, pero tende en conta que unha boa lectura é aquela na que comprendemos o que lemos. Ler de corrido non ten sentido. Descubride o pracer de ler, cada libro é unha viaxe ao descoñecido e un gran amigo. Esperámoste na Biblioteca Raticonto!"
Plantilla: lecturas de cada alumno

Clasificación dos fondos documentais na nosa biblioteca

Esta é a actualización da clasificación e distribución dos fondos documentais dos que dispoñemos na nosa Biblioteca Raticonto. Mirade que sinxelo!" Clasificación dos fondos documentais

25 oct. 2012

Díptico para os colaboradores da Biblioteca Raticonto

Este é o díptico que lle entregamos aos nosos colaboradores da Biblioteca Raticonto. Todos debemos ter claro as nosas funcións.
Graciñas polo gran traballo que facedes!

  Folleto axudantes

6 oct. 2012

Colaboradores/as do novo curso

Aquí tedes os novos colaboradores/as deste curso. Seguro que o farán xenial!
 Grazas mozos e mozas polo voso traballo na Biblioteca de Raticonto!

fotografía dos alumnos/as que este ano colaborarán nas tarefas de préstamo da Biblioteca

14 sept. 2012

Benvidos ao colexio!

Así nos daba a Benvida a mascota da nosa Biblioteca. Qué preparadiño ben ao cole! Ben feito, Raticonto!

 


Pero ademáis o noso amigo deixounos en tódalas aulas unaha cartiña de benvida que di así:

Benvida ao novo curso de Raticonto

27 jun. 2012

Fin de curso

Como despedida ao curso que agora remata, aquí podedes ver un pequeno resumo das actividades que se levaron a cabo dende a Biblioteca en colaboración co resto de Dinamizacións, e do proceso de transformación do noso espacio lector.
Esperamos que vos guste.
Feliz verán a tod@s!
                                                                                                            Asdo. Raticonto

29 mar. 2012

A cousa que máis doe do mundo

Nesta historia unha lebre e unha hiena discuten sobre a cousa qu máis doe do mundo. Os mestres do obradoiro de contos coordinaron este traballo, no que participan nenos e nenas de infantil e primaria.



22 mar. 2012

Presentación

Ola! Son Raticonto, a mascota da Biblioteca, e este é o meu espacio favorito. Alí podo atopar libros que se convirten en



7 feb. 2012

Cocorico

Desde o CEIP Coirón-Dena traballamos este conto que tanto nos gusta. Ao final damos a auténtica receita do biscoito de Cocorico.