17 may. 2017

TORIBIO

Despois duns días de intensa busca intrigados e intrigadas por este personaxe...por din demos con el.Que ben coñecerte, Toribio! Letras Galegas. empezan as celebracións. Este luns visitounos Pedro Brandariz que da man de Toribio, personaxe infantil creado por Carlos Casares, presentounos un mundo cheo de trebellos capaces de facer as maxias máis inesperadas e abraiantes, no seu espectáculo "Os contos de Toribio".

10 may. 2017

GARABATO E TINTA

Garabato é un gato ao que lle gusta debuxar. Tinta é un rato que goza pintando. Pero a ningún dos dous lles gustan as obras do outro...ou iso din. Non aceptan as críticas e pelexan porque ámbolos dous queren ser os mellores artistas do mundo. Finalmente danse conta de que xuntos, cada un co seu estilo, poden crear auténticas obras de arte.

22 abr. 2017

DÍA DO LIBRO

Da man de Gloria Fuertes celebramos neste curso este día. Ela díxonos como debuxar e nós demostramos as nosas inquietudes artísticas.FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

5 abr. 2017

30 mar. 2017

ARTELLANDO CON AN ALFAYA

Todo preparado para a imminente chegada de An Alfaya! Chegou o día! Con todos vos... An Alfaya...a encontadora que nos encantou!!! An adicándonos os nosos libros! Momento de firmas e algunha que outra confidencia...e tamén unhas risadas!!!

20 mar. 2017